En defensa da Sanidade Pública

O pasado domingo en Compostela, 25.000 persoas saíron á rúa para defendes a Sanidade Pública, que está en serio perigo de privatización, convocadas pola plataforma SOS Sanidade Pública, da que forma parte a COGAVE e da que formamos parte a Plataforma en defensa da sanidade pública de Ferrol.
Nesa manifestación houbo unha presenza moi importante de veciños e veciñas da Área Sanitaria de Ferrol que, ben nos autobuses que puxeron de maneira gratuíta dez concellos da Área Sanitaria, ou ben nos seus coches, estiveron en Compostela para evitar a privatización da Sanidade Pública
Desde esta Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, que está composta por preto de cincuenta entidades, facemos un chamamento ó tecido asociativo de toda a Área Sanitaria de Ferrol para que, se están a favor da Sanidade Pública, se incorporen á mesma( especialmente os de maior poboación, Ferrol, Narón, Fene, As Pontes, etc). Facemos un chamamento a tódolos concellos da Área Sanitaria para que demanden dese tecido asociativo a incorporación á Pdspf e daquelas entidades que conforman xa a Pdspf unha maior implicación. A Sanidade Pública en Galicia coa actual Xunta esté en serio perigo de privatización, de implantación do copago e de reducción de prestacións:
  • Incremento alarmante das listas de espera. ( Traumatoloxía, Uroloxía, Oftamoloxía, Rehabilitación, Resonancia, Mamografía, Xinecoloxía etc)
  • Desaparición dos 63 millóns de euros que estaban asignados para arranxar o antigo hospital naval.
  • Demora na ampliación do Centro de Saúde de Serantes.
  • Non se pon en marcha a Unidade de Dialise de Crónicos, que estaba comprometida, e se segue a derivar ós doentes ó Juan Cardona.
  • Derivación de moitos máis doentes que nunca ós centros privados concertados e incrementos dos concertos cos mesmos.
  • Redución e non cobertura dos cadros de persoal, co detrimento na calidade asistencial.
  • Paralización do Plan de Mellora da Atención Primaria coa perda de 100 postos de traballo, xa orzamentados, que se ían incrementar nesta Área Sanitaria.
  • Privatización da xestión dos novos centros de saúde de Ares, A Capela, Cedeira e Narón cun maior custo económico para a Sanidade Pública e peor servizo.
  • Reducción das prestacións: Xa non se dispensan as tiras reactivas de control de glucemia para os diabéticos.
  • Non se compromente ningún investimento para a Área Sanitaria no Plan de Alta Tecnoloxía ( mentres hospitais privados, grazas o concerto co Sergas, adquiren Resonancias Magnéticas de ´última xeración).
  • Falla total de compromiso co Plan Director da Área Sanitaria.
  • Falla absoluta de investimentos para ampliar e desenvolver os Servizos e a construcción de novas infraestructuras como o Centro de Referencia de Enfermidades Profesionais.
A todo esto temos que sumarlle a Privatización da xestión nos hospitais de Lugo, Pontevedra e Vigo, con maior custo para a Sanidade Pública e con privatización de servizos e diminución de persoal.
Por eso a Sanidade Pública esta´en serio perigo e por eso lanzamos un SOS para aumentar o número de entidades da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol e aumentar a implicación das que xa forman parte.
SOS Sanidade Publica.

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988