Sanidade gratuíta e universal ... por Marta Millán

Non sempre valoramos o que temos. Os países considerados unanimemente avanzados adoitan ser aqueles con máis tecnoloxías e maior riqueza económica. Nembargante, algúns deles non conciben a universalidade de certos servizos, que nós entendemos, ou deberíamos entender, básicos. Pode que teñamos listas de agarda quilométricas, e erros fatais con consecuencias tráxicas que deben de solucionarse e pagarse, pero temos unha sanidade pública á que poden acceder todos aqueles que a necesiten. Aínda que non teña cartos para pagarse unha operación, un pode acudir aos nosos hospitais co seu número de Seguridade Social, e ficar ingresado ate que lle operen. Iso é máis adianto que ter GPS nos taxis, ou e-books en tódalas esquinas. Cómpre non esquecelo.

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988