¿Quén somos?

Esta asemblea xurde da inquedanza dun bó de número de persoas e entidades preocupadas pola situación na que se atopa a Sanidade Publica na Área Sanitaria e no conxunto de Galicia tras os últimos acontecementos e anuncios por parte do Partido Popular:
• Reducción dos orzamentos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde ( 38 millóns de euros para o ano 2010)
• Aumento alarmante das listas de espera.
• Aumento dos concertos cos Hospitais Privados.
• Aumento de derivacións de pacientes a outras Áreas Sanitarias e a centros privados concertados.
• Conxelación dos cadros de persoal.

• O anuncio de construcción de catro centros de saúde na comarca pola iniciativa privada.
• A falla de orzamento para o Plano de Alta Tecnoloxía que non dedica nin un só euro no ano 2010 para a Área Sanitaria.
• O escaso compromiso co Plano Director do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide , que destina 100.000 euros para o ano 2010, fronte ós 200.000 e 250.000 que recibirán Monforte e o Salnés.
E moitas outras cuestións das que vos iremos informando nesta web e nas diferentes asembleas e actos que realicemos desde a Plataforma.

Se estás interesado en defender a Sanidade Pública, pódeste adherir a esta Plataforma contactando con nós a través de plataformadspferrol@gmail.com
Defendamos a Sanidade Pública!!!

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988