Análise da "Estragia SERGAS 2014" pola Asociacion Galega Defensa Sanidade Pública

A Asociacion Galega para a Defensa dá Sanidade Pública considera que a Estratexia SERGAS 2014, presentada onte polo presidente da Xunta de Galicia Núñez Feijoo acompañado pola plana maior da Consellería de Sanidade nun acto propagandístico (cunha estética ambiental máis propia dunha voda que dunha presentación política, contestada pola Plataformas para ao Defensa da Sanidade Pública), deixa claro que o actual goberno concentra a súa estratexia en debilitar e privatizar o sistema sanitario público en Galicia , expondo un novo modelo que pivota en catro falacias:

1.- Reducir o exiguo gasto corrente (que na actualidade supón apenas o 23% do total do gasto sanitario, un 40% do cal destínase concertos co sector privado). O recorte en 140 millóns porá en risco a asistencia sanitaria en hospitais e centros de saúde públicos..

2.- A generalización do modelo deArea Sanitaria de Xestión Integrada de Ferrol., que todo o mundo sabe que foi un estruendoso fracaso que ha servizd para laminar á Atención Primaria. Esta política viría reafirmar a estratexia de acoso e derribo deste nivel iniciado co abandono do Plan de Mellora da AP que pretendía acabar coa indigencia e a falta de capacidade resolutiva dos centros de saúde.

3.- Garantir que as listas de espera non superan os 30 días nin as probas diagnósticas 15, cando a paralización da actividade de tarde os centros hospitalarios públicos, decretada pola Conselleira Farjas para favorecer aos centros privados concertados, incrementounas substancialmente, especialmente en cirurxía e probas diagnósticas (nalgúns hospitais como o de Santiago a lista de espera parece pode haberse duplicado, como denunciou recentemente a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública desta área).

4.- Ceder ao sector privado o financiamento e xestión das novas infraestruturas sanitarias, que se pretende alcance ao 50% do total das camas hospitalarias e 60 centros de saúde. Esta medida multiplicará por 6 o custo total e ademais de pór en mans privadas os centros sanitarios e hipotecar o sistema por máis de 20 anos, deixara soamente un 4% do orzamento sanitario para manter a actividade dos hospitais e centros de saúde públicos (algo imposible de soster).

Resulta pouco crible que Núñez Feijoo pretenda reducir o gasto farmacéutico partindo da falsidade de que este supón o 12% do gasto total, cando fontes de Consello de Contas estiman o mesmo no 31%. . Non é crible esta estratexia que parte dun diagnóstico falso e cando a experiencia acumulada mostra a que a administración carece da coraxe política necesario para disciplinar a unha industria farmacéutica envorcada en influír sen obstáculos a decisión dos prescriptores.

A nosa Asociación considera lóxico que Núñez Feijoo crea que o sistema é insostible e que rete ao goberno central de atender a solicitude da patronal galega de introducir o copago aos cidadáns, nunha estratexia compartida para espremer aos cidadáns galegos en algo tan importante como é a atención de saúde.

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988