Máis de 10.000 persoas secundan a convocatoria de manifestación da Plataforma

Máis de 10.000 veciños e veciñas de Ferrol secundaron a manifestación convocada por esta Plataforma para protestar polas medidas privatizadoras que está a levar o governo da Xunta de Galicia. A manifestación partiu ás doce e cuarto de diante do Ambulatorio Fontenla Maristany e chegou unha hora máis tarde á Praza de Armas onde o portavoz da Plataforma, Xosé Miguel López deu lectura ao manifesto no cal se informou ao conxunto da cidadanía da situación actual da Sanidade Pública, tanto na comarca como no resto de Galicia, e das medidas que o Partido Popular ten para este sector. Cabe reseñar a presenza de xente doutras comarcas de Galicia como Vigo, Pontevedra, Lugo, A Coruña...




Recortes de prensa:

Galería fotográfica:

Ademáis o Colectivo Opaii, Rádio FilispiM cubriu o decorrer da manifestación en directo coa realización dun estupendo programa especial, recollendo o son do que aló acontecía a través de conexións estudio/correspondentes. Agora podedes escoitar o audio en diferido dese programa especial desde a súa web.

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988