Domingo 11 abril, Manifestación Comarcal contra a privatización da Sanidade Pública

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, diante do grave deterioro ó que se está sometendo á Sanidade Pública, á falla de compromiso que con esta Área que ten a Xunta de Galicia e ante as medidas privatizadoras do Partido Popular respecto da Sanidade Pública, convoca para o vindeiro día 11 de abril unha Manifestación Comarcal, a cal agardamos que reflexe na rúa o descontento e o rexeitamento destas medidas por parte do conxunto da cidadanía da comarca. A manifestación partirá ás 12 do mediodía do Ambulatorio Fontenla Maristany.

A día de hoxe a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol esta composta por máis de 40 entidades e segue aberta a novas incorporacións. Podedes ler o ideario da plataforma na sección MANIFESTO deste blog.

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988