Comunicado da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol quere amosar a súa total satisfacción pola posta en marcha da Unidade de Diálise de Crónicos, por vez primeira, no Complexo Arquitecto Marcide.

A Pdspf vimos defendendo desde a nosa creación, hai dous anos e medio, a creación desa Unidade de Diálise de Agudos, Peritoneal, que xa levan funcionando 3 anos, e da de crónicos que agora comeza a funcionar.

Esta foi tamén unha reivindicación dos sindicatos CCOO, CIG e UGT e das Asociacións Veciñais de Valón e Esteiro na Comisión de Participación Cidadá da Área Sanitaria de Ferrol do Sergas que veñen reclamando desde a súa creación hai sete anos.

Para a Pdspf este é o primeiro paso para que ese servizo se preste só na Sanidade Pública, e non se teña que desviar ningún doente ao Juan Cardona, polo que demandamos a súa ampliación tanto en medios materiais como no persoal preciso para darlle servizo ao conxunto de doentes que precisen algún dos tipos de Diálise, exclusivamente no Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide.

A Pdspf seguimos demandando a ampliación dos recursos Socio Sanitarios da Área Sanitaria, na actualidade moi insuficientes, debido o avellentamento da poboación e a necesidade de que existan un maior número de camas para doentes crónicos. Demandamos, por tanto, a integración do Hospital Juan Cardona na Rede Socio Sanitaria Pública.

Tamén demandamos a Creación dun Centro de Referencia para todo Galicia das Enfermidades Profesionais, nesta Área Sanitaria onde a milleiros de persoas están afectadas por ese asasino silencioso chamado amianto. Este Centro se instalaría no Hospital Novoa Santos, que está sendo valeirado de todo contido asistencial, a pesar de existir unha grande demanda.


Ferrol a 13 de maio de 2012.

Asdo/Xosé Miguel López Pérez, portavoz da Pdspf.

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988