Comunicado da Plataforma

No Pleno da Plataforma en Defensa da Sanidade Publica celebrado o día 25 de abril en Esteiro, acordáronse secundar as seguintes mobilizacións coa participación da Plataforma:

  • Día 27 de Abril: concentración diante do Edificio da Xunta en Ferrol, no día Mundial de Seguridade e Saúde no Traballao ás 12 do mediodía, convocado por todos os sindicatos e AGAVIDA.
  • Día 29 de Abril: Participar na manifestación, que sairá do Inferniño ás 12 do mediodía, convocada por CCOO, UGT e USTG contra os recortes en Sanidade e Educación Públicas.  Os membros da Pdspf nos xuntaremos no Inferniño ás 11:45 diante do local de Ferrol-Bici, para situarnos coa pancarta da Pdspf despois da pancarta que abre a manifestación.
  • Día 1 de Maio: A Pdspf, participaremos nas dúas manifestacións convocadas: As 12 da que sae do Inferniño convocada por CCOO, UGT e USTG e cando esta chegue a Cafetería Avenida, agardaremos pola convocada pola CIG para incorporarnos a ela.
  • Día 12 de Maio: Organizaremos unha mesa de debate na Praza de Armas, dentro dos actos que a nivel mundial se celebran en máis de 1000 cidades.
  • Día 24 de Maio: Acto da Pdspf, pendente de concretar, que se enmarca en mobilizacións en Defensa da Sanidade Pública, convocadas por SOS Sanidade Pública, en toda Galicia.
  • Día 3 de Xuño: Mobilización en Compostela, convocada por SOS Sanidade Pública.

Para a organización dos actos dos días 12 e 24 de Maio e para a Manifestación Nacional do Domingo 3 de Xuño, se acorda CONVOCAR unha xuntanza da Comisión Permanente da Pdspf para o día 9 de Maio ás 18 horas no local da AV de Esteiro.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Publica de Ferrol quere expresar o seu agradecemento ao conxunto da veciñanza da nosa comarca por apoiaren coa súa sinatura a ILP en Defensa da Sanidade Pública. Foron máis de 8.000 os veciños e veciñas que asinaron a ILP.

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988