Comunicado da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

O Servizo Galego de Saúde e a Xerencia da Área Sanitaria vense na obriga de reabrir a terceira planta do Servizo de Pediatría do Hospital Arquitecto Marcide na que se pecharan ás 14 camas, feito que xa fora denunciado pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.

Pretendeuse, unha vez máis, enganar á cidadanía argumentando que no verán se producían menos ingresos, polo que non era preciso manter aberto ese servicio.

A realidade quítalle a razón ó SERGAS e demostra que as razóns do peche non eran máis que os continuos recortes en persoal que se están producindo na Área Sanitaria de Ferrol e o recorte nos orzamentos que nos leva a ser a Área Sanitaria peor tratada pola Consellería de Sanidade.

Desde o mes de xuño tamén está pechada a planta de Medicina Interna do antigo Hospital Naval, 25 camas. Pechouse o servizo de Cita Previa en horario de tarde, tanto presencial como telefónico, a pesar de que segue habendo algunhas consultas no Centro de Especialidades.

Tamén se pechou o punto de Información do Hall de entrada ó Hospital durante os meses de verano en horario de tarde.

Vaise deixar ó Hospital Novoa Santos sen ningún contido asistencial.

En Atención Primaria non se substitúe ós médicos de familia, acumulando os cupos o que fai que xa haxa lista de espera en primaria e que moitos doentes colapsen os PAC.

Non se contrataron enfermeiros de desprazados nos Centros de Saúde onde , por mor do incremento da poboación, se viña facendo en anos anteriores. En Médicos de desprazados, en Atención Primaria, só se contratou para o Centro de Saúde de Ares a media xornada.

A Construcción do Centro de Saúde das Somozas segue paralizada, e non hai ningunha noticia de cando se van construír os de Ares, A Capela, Cedeira e Narón.

Os continuos recortes en Orzamentos e en persoal fan que cada vez a calidade asistencial, de maneira absolutamente intencionada, vai sendo menor, a pesar do esforzo dos traballadores e traballadoras do SERGAS en manter a calidade do servizo.

Se a cidadanía non toma conciencia da necesidade de defender a Sanidade Publica diante dos continuos ataques a que esta sendo sometida, e de mobilizarse e denunciar e reclamar, cada vez o dereito a unha asistencia sanitaria universal se ira perdendo en favor da Sanidade Privada e o copagamento por algúns servizos comezará a aplicarse , o transporte sanitario non urxente será o primeiro ó que a Xunta de Galicia lle aplique o copagamento.

Desde a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol imos seguir apostando por unha sanidade publica de calidade e que precisa de mais investimento para mellorar e reducir as listas de espera e imos continuar denunciando os abusos e a discriminación, por parte da Consellería de Sanidade, coa Area Sanitaria de Ferrol.

Lembramos que a nosa denuncia e a presión asistencial, que no verán é maior polo incremento de poboación de moitos concellos costeiros pertencentes a esta Área Sanitaria, fixo que o Xerente da Area tivese que abrir o servizo de Pediatría que tiña pechado sen ningún motivo asistencial que sustentase tal decisión, agás os continuos recortes de persoal.

Ferrol a 11 de agosto de 2011.

1 comentarios:

Red dijo...

A min, o sergas retiroume a tarxeta Sanitaria, por estar no paro, non podo coller a miña medicación, xa lles reclamei, respostaronme e ainda que lles repetín en numerosas ocasions a miña condición,fixeron oidos xordos, que podo facer entón?

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988