Repago ... por Yolanda Díaz

Son incansables os do PP. Un día zoupanlle ao ensino, outro á sanidade, pero sempre o seu traballo se concreta en recortes, que sempre son polo noso ben malia que nós non o entendamos así; ou polo ben  dos mercados, que non é o mesmo pero é igual que dicía a canción.Semella que non saben facer outra cousa que recortarnos dereitos, pero a realidade é que traballan arreo para reducir os dereitos públicos a mercadurías privadas. Nestes días denunciaba a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol un novo ataque á sanidade pública, a un dereito de todos nós:  o peche neste verán do servizo de mediciña interna do Hospital Naval e do servizo de pediatría do Marcide, todo elo no contexto do incumprimento xeral dos compromisos acadados con anterioridade, que deixan a Ferrol  fóra do Plan de Alta Tecnoloxía e sen os 63 millóns de euros para reparar o Hospital Naval. O resultado é a progresiva privatización da sanidade e a degradación da súa calidade: máis listaxes de espera, ampliación e desvío de doentes o concertado Juan Cardona (con peor calidade asistencial que na rede pública), privatizacións dos servizos de compras e subministros e dos de arquivo e das historias clínicas, etc. E tendo como próxima estación a do copago por determinadas prestacións, ou repago que sería máis exacto, pagar dúas veces porque a primeira xa a pagamos cos impostos, que nós si aboamos, namentras o capital apenas paga ou defrauda e ten como premio que lle cuasi regalemos servizos públicos que coa súa alquimia negra converte en negocio privado.op

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988