A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol manifestouse hoxe en Ferrol

Con motivo da celebración do Consello da Xunta de Galicia, a Plataforma manifestouse hoxe, xunto a outros colectivos, en Ferrol diante do Edificio Administrativo da Praza de España para amosar a nosa disconformidade co trato dado a esta Área Sanitaria en particular e á Sanidade Pública en xeral, por parte da actual Xunta de Galicia e dado a falla de compromiso coa Área Sanitaria de Ferrol:
  • Redución de Orzamentos da Consellería de Sanidade e do Sergas.
  • Falla de compromiso coa Atención Primaria.
  • Incremento das listas de Espera.
  • Aposta decidida polo Juan Cardona en detrimento da Sanidade Pública.
  • Privatización da xestión dos centros de primaria de Cedeira, A Capela, Ares e Narón.
  • Ningún investimento en alta tecnoloxía no Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide.
  • Diminución das contratacións de persoal.
  • E outros moitas carencias.


0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988