NOTA PLATAFORMA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DE VIGO A PROPOSITO DA PRIMEIRA PEDRA DO NOVO HOSPITAL

Núñez Feijoo apresurouse  hoxe a por a  primeira pedra do Novo Hospital de Vigo, adiantándose á data prevista para o dia 1 de abril e entrar así no festín de falsas inauguracións de face á cita electoral que pon o día 28 como data límite para estes eventos.
O seguro e que non dira o señor presidente é que:
1.- As obras do novo Hospital deberían estar incidas fai máis de dous anos, de acordo co calendario aporbado
2.-O retarso será aínda maior xa que nin sequera está concluído o proceso de expropiación de terreos e as empresas que concursaron para quedar coa obra reclamaron por irregularidades no proceso de adxudicación o que pode supor aínda máis atraso
3.- Esta é urxente cando a atención hospitalaria en Vigo sofre colapsos continuos e as listas de espera soben espectacularmente.
4.- O financiamento vai deixar en mans privadas este centro multiplicando se custo e con todo recórtase o espazo dispoñible, redúcese o número de camas en 850 para deixar a POVISA como hospital de área, desaparece o módulo de docencia e investigación, redúcense á metade as camas oncolóxicas abandonando así o proxecto de hospital de referencia do cancro e outro sinnúmero de recortes ao proxecto..
5.- O centro quedará en mans privadas durante 20 anos o que deixa aos cidadáns de Vigo a mercé dos intereses empresariais das empresas concesionarias
A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública considera que esta primeira pedra supón o abandono dun proxecto de hospital estratéxico que pretendía pór a Vigo á mesma altura das da Coruña e Santiago
Hoxe é un triste día para Vigo 


http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2011/03/19/sanidade-ofrece-dialogo-reitera-punto-punto-criticas/528212.html

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988