S.O.S. Sanidade Pública ... por Yolanda Díaz

Escribiu Jonathan Swift un texto chamado Unha modesta proposición na que para combater a crise propuña comerse aos nenos dos pobres. Agora, actualizando o texto, o PP, na Xunta e no tema da sanidade, vai facer caso dese texto satírico, porque o que nos propón é matármonos vía privatizacións e empeoramento dos servizos sanitarios. Conxélanse os cadros de persoal, aumentan os concertos coa privada, se desbocan e agochan as listas de espera, se ningunea a área sanitaria de Ferrolterra, coa supresión por exemplo do investimento de 63 millóns de euros para os novos servizos do Hospital Naval ou a non execución de proxectos xa comprometidos como a unidade de diálise, etc. Todo elo polo noso ben, aínda que nos mate, porque eso pasa coas listas de espera diagnósticas, que a veces se coñece o mal cando non hai remedio. Vou pór un exemplo clariño do aforro en materia de sanidade segundo o evanxeo neoliberal  do PP: o hospital que se quere facer en Vigo con financiamento público-privado é unha infraestrutura que custa 400 millóns de euros; ben pois  logo o canon que se lle vai pagar á concesionaria privada por espazo de vinte anos  vai supor uns 90-100 millóns anuais, isto é, o centro custará preto de 2.000 millóns de euros. As contas son claras  e amosan que só a empresa privada gaña, perdemos a cidadanía porque imos pagar cinco veces máis, e teremos un servizo con menos emprego e máis precario e peores condicións de servizo: con seguridade, un roubo. O domingo todas e todos a Compostela na defensa da sanidade pública.

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988