A loita pola xustiza ... por Lois Méndez

Servizos públicos como a sanidade, educación e asistencia social son conquistas de xeracións de traballadores e traballadoras e da cidadanía no seu conxunto. Forman parte dos valores que debe defender toda sociedade que crea na xustiza social.

S.O.S. Sanidade Pública é unha chamada de emerxencia á cidadanía, para que non permitan que se privatice o sistema sanitario público.Coa desculpa da crise económica, o actual goberno galego, o Sergas, fai oficial a construción do novo hospital de Vigo e Pontevedra, a dotación do novo hospital de Lugo e a construción dos novos 19 Centros de Saúde en toda Galiza coa iniciativa privada. O modelo empregado conleva ceder ás empresas a construcción do edificio, adquisición do equipamento, mantemento e contratación do persoal de xestión e servizos, ademais de explotar servizos como cafetería, aparcamento, subministros, almacén…etc. O Sergas pagará un aluguer de máis de 50 millóns de euros por hospital anuaís como inquilino durante máis de 20 anos, o coste final será seis veces superior. Cando o Sergas, pasados máis de 20 anos, sexa o propietario do hospital ou dos centros de saúde, xa estarán obsoletos

Na Área Sanitaria de Ferrol temos exemplos da colaboración público-privada, a unión do Centro de Especialidades co hospital Arquitecto Marcide foi financiada pola empresa privada, como contraprestación da explotación do aparcadoiro construído en chan público, con consecuencias para os usuarios, cada vez que teñen que acudir a consultas externas, facer probas ou visitar algún familiar. Pagan as tarifas máis caras de toda a cidade. A política sanitaria da actual Xunta está dando entrada ao capital privado no financiamento e xestión das novas infraestruturas sanitarias, cesión dos novos recursos de alta tecnoloxía dos hospitais públicos, comezando pola radioloxía e os laboratorios. Abandonos do Plan Mellora de Atención Primaria e do Plan de Saúde Mental, Drogodependencias e da atención sociosanitaria.Asignación da Nova Central de Chamadas (112) a unha empresa privada coa sede en León e co seu persoal en Sudamérica.

A construcción dos centros de saúde de Ares, A Capela, Cedeira e Narón pola iniciativa privada vai permitir que a empresa sexa a que proporcione o suministro de consumibles de material. Como vai incidir na atención é calidade sanitaria que desenvolvan os profesionais? Se a empresa privada pretenderá minorar os custes para un maior beneficio, conlevando un perxuicio para os usuarios. A nosa participación activa o domingo 21 de novembro é unha obriga na defensa dos nosos dereitos.

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988