Manifestación no Barco de Valdeorras

A Plataforma Galega para a Defensa da Sanidade pública quere mostrar o seu apoio á Manifestación convocada pola Plataforma en Defensa dá Sanidade Pública do Barco de Valdeorras o vindeiro xoves día 4 de xuño ás 20 horas en defensa da súa área sanitaria, e do seu hospital público, porque isto supón, ademais dunha agresión á atención sanitaria dos cidadáns da área (que van perder xa o servizo de radioloxía de urxencias), un paso máis na deterioro e derribo do sistema público sanitario en Galicia.

A Plataforma Galega considera cas áreas sanitarias constitúen un pilar básico do sistema sanitario público, imprescindibles para poder planificar e asignar os recursos sanitarios de acordo ás necesidades e problemas concretas de cada territorio, para garantir a equidad na asignación dos mesmes e para a participación social na xestión dos servizos sanitarios públicos.

A planificación e o control social dos recursos sanitarios son incompatibles co mercado e a provisión privada, polo que o Partido Popular ás elmina nas Comunidades Autónomas onde goberna (en Madrid o PP goberno de Esperanza Aguirre eliminou todas as áreas sanitarias para dar entrada ao sector privado e ás multinacionais en competencia cos centros públicos).
Por iso consideramos esencial manter as áreas sanitarias, a mellora dos hospitais e o carácter totalmente público dos mismos

Representantes e membros das diferentes Plataformas Galegas para a Defensa da Sanidade Pública acudirán a esta manifestación.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol apoia esta manifestación e procurará estar presente nesta importante manifestación e chama a participación de toda a cidadanía nesta data tan importante. Entre todos e todas poderemos modificar o rumbo desta nave que vai a deriva ...

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988