Comunicado da Plataforma Galega para a Defensa da Sanidade Pública tras o éxito da manifestación no Barco de Valdeorras

A Plataforma Galega para Defensa da Sanidade Pública quere comunicar á opinión pública e profesional de Galicia a súa satisfacción polo éxito da Manifestación convocada pola Plataforma do Barco de Valdeorras contra o peche da área sanitaria previsto pola Consellería de Sanidade , a eliminación de recursos médicos no hospital e en Atención Primaria e a supresión do servizo de radioloxía de urxencias.

Á Manifestación acudiron miles de persoas de todos as localidades da área e representes das Plataformas de Ourense, Monforte, Burela, Pontevedra e Vigo.
A gran afluencia cidadá na mesma, continuación das de Vilagarcia, Vigo, Pontevedra, Ferrol e Monforte, vén demostrar, unha vez máis, o rexeitamento e preocupación da cidadanía galega coa política de privatización do sistema sanitario que se expresa de diferentes formas: redución do orzamento sanitario, parálise da actividade dos hospitais públicos pola tarde, desvío de pacientes aos centros privados, peche de servizos de radioloxía e laboratorio, supresión de servizos de radioloxía urxente ou financiamento e explotación privada dos novos hospitais e centros de saúde.

O que todas as áreas sanitarias estéanse sumando masivamente ao rexeitamento da privatización debería obrigar á administración a reaccionar abandonando a estratexia de derribo e privatización do sistema sanitario público que a poboación, independentemente da súa cor política, non está disposta a aceptar, e menos en tempo de crise cando se incrementan as necesidades de asistencia sanitaria.

A Plataforma Galega para a Defensa da Sanidade Pública ten previsto volver reunirse proximamente para analizar a situación e planificar novas mobilizacións ata conseguir o obxectivo de salvar o sistema sanitario público galego dos seus depredadores.

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988