Éxito da manifestación en defensa da Sanidade Pública e do Hospital da Costa en Burela

A Plataforma Galega para a Defensa da Sanidade Pública considera, que a Manifestación convocada o pasado sábado 26 de Xuño na Mariña Lucense pola Plataforma da área Sanitaria do Hospital de Burela en defensa da súa área e contra a deterioración dos recursos sanitarios, foi un importante éxito, xa que se sumaron á mesma máis de 7.000 persoas, o que supón unha nova e contundente mostra do rexeitamento da poboación galega aos intentos de destruír e privatizar o sistema sanitario público pola Consellería de Sanidade. O éxito é especialmente relevante por que se produciu a pesar dos múltiples intentos de intoxicación da opinión pública da área por a Xunta de Galicia e do Partido do Popular, dirixidos de desacreditar á Plataforma con información falsa e tendenciosa.

Esta manifestación súmase ás do Salnés, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Monforte e O Barco de Valderorras que sacaron a miles de manifestantes de todas as cores políticas á rúa en defensa da sanidade pública e contra unha política baseada en destruír a áreas sanitarias como espazo para a planificación e asignación racional e equitativa dos recursos sanitarios, despedir profesionais sanitarios, pechar servizos, paralizar a actividade dos hospitais pola tarde, eliminar os radiólogos dos servizos de urxencias hospitalarios, intentar cas ecografías sexan realizadas por técnicos de formación profesional, ou privatizar os novos hospitais e centros de saúde outorgando o seu financiamento, construción e xestión a empresas construtoras, aseguradoras privadas e bancos.

A Plataforma Galega e as organizacións que a integran advirten á Consellería e á Xunta de Galicia que seguirán promovendo manifestacións en toda Galicia ata que non cese a política de agresión e derriba do sistema sanitario público, para aforra gasto e beneficiar ao sector privado, polas graves e dramáticas consecuencias que isto pode ter para a saúde e o benestar da poboación

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988