Comunicado da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo ante a continuación da ofensiva contra a sanidade pública de Vigo por parte da Conselleria de Sanidade que anunciou a construción de 8 novos centros de saúde por financiamento privado e de Núñez Feijoo que reiterou a intención da Xunta de financiar o novo hospital por esta fórmula (a pesar de os centos de millóns de sobre prezo), queremos comunicar á opinión pública:

1.-Que isto supón un desprezo e provocación á opinión maioritaria dos vigueses que mostraron reiterademente o seu rexeitamento a esta privatización dos servizos sanitarios da cidade de Vigo en dúas grandes manifestacións cívicas

2.-Que se pretende ampliar e estender a privatización aos servizos de atención primaria, medida na que novamente Vigo vai ter o triste privilexio de ser pioneira

3.- Reiteramos que esta fórmula multiplicará o custo dos centros sanitarios (o custo do Hospital de Vigo ascenderá a 1.470 millóns a pagar en 20 anos), o que hipotecará a sanidade en beneficio de construtoras privadas non só de Vigo senón de toda Galicia. Consideramos que isto algo incompatible no contexto dunha crise económica que está sendo utilizada para realizar importantes recortes no gasto social e nos dereitos sociais de toda a poboación.

4.- Manifestamos que o Sr. Núñez Feijoo e a Consellerira menten cando afirman que o financiamento e construción do novo hospital de Vigo pola Sociedade Pública de Investimentos duraría 15 anos xa que o Plan Económico Global aprobado pola Xunta de Galicia en febreiro de 2009 , contemplaba realizala en catro anos

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988