Plenos nos concellos da comarca

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, vimos de elaborar unha moción tipo, que será presentada nos Vinte concellos da Área Sanitaria de Ferrol, de maneira conxunta polos partidos políticos que forman parte da mesma: Terra Galega, PSdeG-PSOE, EU-IU e BNG.

O vindeiro xoves día 25 de marzo se debatirá a citada moción nos concellos de Ares, Narón e de Ferrol.
No Concello de Narón falará no nome da Plataforma, Alicia Romero.
No Concello de Ferrol a moción está presentada polos partidos PSdeG- PSOE, BNG e EU-IU e no citado pleno que será ás 19 horas, segundo o Regulamento de Participación Cidadá de Ferrol, ten solicitado intervir a Pdspf a través dun dos seus portavoces: Xosé Miguel López.

O vindeiro martes día 30 de marzo ás 20 horas será a presentación da Plataforma en Fene na Casa da Cultura.

O día 8 de abril a presentación será en Ares no Salón de actos da Alianza Aresán as 20 horas.

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988