22.12.2009 Asemblea da Plataforma

Como quedaramos na xuntanza constitutiva de celebrar unha nova xuntanza antes de rematar o ano, as Asociacións de Valón e Esteiro convocamos ó resto dos membros da Plataforma para o día 22 de Decembro do 2009 ás 19 horas en Esteiro no local veciñal da rúa Fernando VI Bloque I Baixo s/n.

Na xuntanza constitutiva eramos 23 entidades ás que xa se lles incorporaron : Ateneo Ferrolán, Lazos Comité Antisida, Asociación Parkinson Ferrol-Ferrolterra; Diversidade Funcional. Tamén manifestaron a súa intención de incorporarse, aínda que non o fixeron, AV de Esmelle, AV de Santa Mariña e AV de Canido, tamén AGAVIDA e a AC López Bouza.

Calquera entidade asociativa que queira incorporarse pode facelo aínda e mesmo pode asistir a esa xuntanza.

Os temas a tratar serán:

- Definir o ideario da Plataforma.
- Nomeamento, se se considera oportuno, dun grupo reducido de coordinación.
- Valorar se é preciso nomear a un o dous portavoces da Plataforma.
- Programa de actuacións en defensa do ideario da Plataforma.

Contamos con todos e todas vós.

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988