A Plataforma en Defensa da
Sanidade Pública de Ferrol estivemos en Compostela, sendo quen máis presenza
tivo. Estiveron tamén as Plataformas da Barbanza, Ourense, Vigo e A
Coruña. Achegáronse a saludarnos as parlamentarias de
Ferrol: Beatriz Sestayo do Psoe e Iolanda Díaz de Alternativa Galega de
Esquerda.
A Iniciativa Lexislativa Popular, defendida por
Manolo Martín, portavoz de SOS Sanidade Pública, foi rexeitada polo PP e apoiada
polos outros tres partidos da oposición. Na comarca de Ferrol a ILP foi asinada
por 8.300 persoas e nesta comarca figuraban como promotores: Carlos
Piñeiro da Asociación de Amigos do Corazón e Xosé Miguel
López da Asociación Veciñal de Esteiro.
Mañá Xoves ás 19:30 diante do Edificio
da Xunta na Praza de España a Pdspf estaremos presentes na convocatoria da
Alianza Social Galega, da que formamos parte, coa nosa pancarta.
0 comentarios:
Publicar un comentario