Segundo os últimos datos oficiais feitos públicos
polo Servizo Galego de Saúde o pasado
mes, relativos ás listas de espera, se
confirma o continuo deterioro na Sanidade Pública co Goberno de Núñez Feijoo
como desde esta Pdspf viñamos
denunciando:
Se
ben é certo que hai unha contención nas listas de espera cirúrxica, con
respecto ao mesmo mes de 2011, as listas cirúrxicas de traumatoloxía se
manteñen por riba dos 60 días.
Nas
listas de espera de primeira consulta en Anestesia e Reanimación se pasa
de 138,5 días de espera a 238 días.En
Cardioloxía se pasa de 35,5 días a máis do dobre 84,6 días . En Endocrinoloxía
se mantén en 87 días e en Oftalmoloxía, Rehabilitación ,Reumatoloxía e
Traumatoloxía a lista de espera en primeira consulta se mantén por riba de 65
días.
En
probas diagnósticas unha mamografía pasa de 148,8 días de espera a 208 días,
unha ecocardiografía ten unha espera de 230 días , unha ecografía vascular 140
días e en xeral tódalas probas ecográficas tardan máis de 100 días. Un estudio
cardiolóxico tarda 138 días un estudio na unidade do sono tarda 190 días, unha
monitorización cardiocirculatoria tarda 213 días e unha electroneurografía 172
días.
É
preciso ter en conta que de moitas das especialidades médicas e cirúrxicas é
preciso facer unha derivación á Área Sanitaria da Coruña , como é
Neurocirurxía, Cirurxía Plástica, Cirurxía Torácica, Cirurxía Vascular ,
Cirurxía Cardíaca, Electrofisioloxía, Anxioplástia, Radioloxía Vascular,
Neurorradioloxía ,etc polo que unha vez
derivados da Área Sanitaria de Ferrol áinda entran nunha nova lista de espera.
Desde
a Pdspf reclamamos da Administración que se que se aplique a Lei de
Incompatibilidades que impide que persoal do Sergas traballe en Centro Privados
Concertados atendendo a doentes do Sergas. Que se indague a posible relación
entre as listas de espera e o incremento de derivacións a centros privados
concertados e a centros privados, en varias especialidade como traumatoloxía e tamén noutras.
Na
Pdspf temos constancia de doentes de Traumatoloxía que levan máis de 9 meses en
lista de espera cirúrxica e no apartado que publica o Sergas no Arquitecto
Marcide entre 6 e 12 meses en lista de espera non aparece ningún doente. Será a
causa de que non aparezan nesas listas de espera que estes doentes rexeitaron
ser intervidos no Hospital JUAN CARDONA repetidamente?.
Facemos
un chamamento ó conxunto de usuarios e usuarias a que sigan presentando
reclamacións ás listas de espera, tanto a través do Servizo de Atención ó
Doente como a través do Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario.
Desde
a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública anunciamos o noso rexeitamento á
intención da Xunta de Galicia, logo de establecer o REPAGO nas receitas aos
pensionistas, de querer implantar o novo REPAGO de un euro por receita que o
que fai é provocar desigualdades, criminalizar o estar enfermo e afectar, de
novo, prioritariamente aos pensionistas que en en Galicia son os que reciben
unhas pensións máis baixas de todo o Estado.
A
Pdspf, manteremos unha xuntanza o mércores día 21 de Novembro para acordar
novas accións e mobilizacións en defensa da Sanidade Pública.
Ferrol
a 5 de Novembro de 2012.
0 comentarios:
Publicar un comentario