A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol rexeita o Plan de Recortes dos Gobernos central e autonómico do Partido Popular na Sanidade Pública e na Lei de Dependencia

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol rexeita o Plan de Recortes dos Gobernos central e autonómico do Partido Popular na Sanidade Pública e na Lei de Dependencia por ser unha agresión brutal ás persoas máis necesitadas de atención, á economía e á democracia, xa que ademais de inxustas estas medidas atentan contra dereitos esenciais da cidadanía.

Os gobernos conservadores eximen de responsabilidades e esforzos económicos aos bancos, as grandes empresas e aos grupos de maior renda, mentres cargan contra as persoas en paro, inmigrantes, pensionistas, dependentes, enfermos crónicos, empregados públicos, traballadores e cidadanía en xeral, aos que reducen os seus dereitos e prestacións sanitarias e sociais.

Este proceso de reformas socio- laborais pretende desmantelar e privatizar o Estado de Benestar polo que se queremos salvalo é absolutamente necesario organizar unha rotunda e masiva resposta para evitar a demolición dos servizos púbicos e as políticas sociais.

Mentres se inxectan máis de 100.000 millóns euros nos bancos, responsables da crise, e redúcense os impostos ás rendas máis altas, decídese unha amnistía fiscal para os defraudadores, increméntase o copago en farmacia e esténdese aos pensionistas, preténdese reducir o dereito universal á atención de saúde e paralízase a implantación do Sistema de Atención á Dependencia deixando por centos de miles de persoas sen protección impedindo a creación miles de empregos.

Os recortes non afectan só á sanidade senón que se estenderon a outros dereitos sociais como a educación, a vivenda, a xustiza, e as pensións nos que se incrementado as taxas, os copago e a privatizacións, vulneran os principios de universalidade, suficiencia e igualdade de acceso e cobertura que deben garantir os servizos públicos.

Por todo isto a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol facemos un chamamento a toda a cidadanía e as organizacións sociais a mostrar hoxe luns día 30 de xullo ás 20:30 na Praza de España o rexeitamento a estas as políticas do Goberno sumándose esta mobilización untaría convocada pola totalidade das organizacións sindicais en Galicia en defensa da democracia, e o estado de benestar e en contra da supresión dos servizos públicos universais e accesibles, especialmente os de saúde pública . A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública amosamos o noso total apoio a esa mobilización.

Desde a Plataforma tamén queremos denunciar o desabastecemento que desde hai máis dun mes están sufrindo as farmacias de moitos dos medicamentos que vai deixar de dispensar, a partir do 1 de agosto, a Sanidade Pública. Por parte dos Almacéns de Farmacia dos Laboratorios non se están subministrando moitos deses medicamentos para desabastecer o mercado e vendelos máis caros e con máis beneficios para Almacéns de Farmacia e Laboratorios a partir do mes de Agosto. O Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Sanidade saben destas prácticas fraudulentas e actúan como cómplices.

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988