A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol celebraremos unha Rolda de Prensa o martes día 29 de Maio ás 11:30 horas na Galería Sargadelos onde se fará un balance da Campaña de recollida de Sinaturas a prol da Iniciativa Lexislativa Popular na comarca de Ferrol e se presentará a Manifestación convocada por SOS Sanidade Pública, da que esta plataforma de Ferrol formamos parte, que se vai celebrar o domingo día 3 de xuño ás 12 horas desde a Alameda de Santiago de Compostela.
0 comentarios:
Publicar un comentario