Nota de prensa da Plataforma

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, vimos de dirixirnos ó Alcalde de Ferrol, para demandarlle información de que xestións leva realizado, diante da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e diante do Servizo Galego de Saúde, para que se proceda á reapertura do Consultorio da Graña.

O Pleno do Concello de Ferrol, celebrado no mes de marzo, acordou por unanimidade aprobar unha moción que reclamaba a reapertura desa instalación sanitaria que levaba 70 anos funcionando e que na actualidade prestaba o seu servizo nunhas intalacións do Concello de Ferrol.

Ese consultorio daba servizo a preto de 800 usuarios de A Graña, Brión, San Felipe e unha parte de A Cabana e foi pechado polo Servizo Galego de Saúde sen ningunha razón asistencial que o xustifique. Sen ter en conta a dispersión xeográfica desa zona e a falla de comunicación a traves do trasporte público co Centro de Saúde de Serantes, que está en obras. Ademais unha parte moi importante da poboación supera os 65 anos.

Desde a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, reclamamos, unha vez máis, a reapertura do Consultorio da Graña.

Que xestións fixo o Sr. Rey Varela para dar cumprimento ó acordo do Pleno de Ferrol de que se reabra dito consultorio?.

Serven de algo os acordos plenarios ou quedan en papel mollado?

Ferrol 16 de maio de 2012.
Asdo./Xosé Miguel López, portavoz da Pdspf.

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988