Concentración en demanda do novo Centro de Saúde de Ares

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, vai demandar este Sábado 11 de Febreiro de 2012, a construción do novo Centro de Saúde que xa estaba acordado facer nesta Área, xunto aos d'A Capela, Cedeira e Narón. A Xunta de Galicia non asignou partidas económicas nos Orzamentos de 2012 para a construción dos novos centros acordados entre as administracións locais e autonómica.

A Plataforma convoca unha Concentración ás 11 da mañá frente ao antigo centro de saúde de Ares, onde ademais de protestar e demandar as infraestruturas acordadas, a Concentración dará cabida á recollida de sinaturas de apoio á PROPOSICIÓN DE LEI, POR INICIATIVA POPULAR, PARA A DEFENSA E A PROMOCIÓN DA SANIDADE E PÚBLICA EN GALIZA, que se van recoller durante os meses de Febreiro, Marzo e Abril de 2012.

  • Porque a saúde é un dereito, non un negocio.
  • Porque a crise non a poden pagar as persoas enfermas.
  • Porque imos defender os servizos públicos e de calidade que merecemos.
Apoia coa túa sinatura a Iniciativa Lexislativa Popular e participa nas mobilizacións da
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol e da plataforma galega 'SOS Sanidade Pública'.

Tedes nas seguintes ligazóns o cartaz -pdf, A3, en negro ou en azul- para publicitar a concentración do vindeiro sábado 11 de Febreiro en Ares:

______________________________________________
 Noticia extraída de Artabra21

    0 comentarios:

    Publicar un comentario


    CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988