Ángel Facio, novo xerente da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol

Noticia extraída de sergas.es:


angelfacioSantiago, 19 de xaneiro de 2012.- A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, presidirá mañá no Hospital Arquitecto Marcide a toma de posesión de Ángel Facio Villanueva como xerente de Xestión Integrada de Ferrol.

Facio (1965) é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela; e ata a actualidade desenvolvía o seu labor profesional como como subdirector de Planificación e Ordenación Asistencial da Dirección de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde.

Anteriormente exercera como director de Procesos Médicos da Área Sanitaria de Ferrol e subdirector médico do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide – Novoa Santos, entre outros postos.

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988