Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, Plenario do 30 de novembro

O mércores día 30 de novembro nos locais da AV de Esteiro e ás 18 horas celebrouse unha xuntanza do Pleno de Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, o cal está formado por corenta entidades, coa asistencia de 26 das entidades que a conforman, entre elas, sindicatos, asociacións veciñais, asociacións socio sanitarias e partidos políticos. Nesa xuntanza valorouse a situación da sanidade pública na comarca e se tomaronse diversos acordos:

1- Ratificar a continuidade como portavoz de Xosé Miguel López Pérez, presidente da AV de Esteiro e nomear tamén como portavoz a Lois Méndez Pérez da CIG-Saúde para o posto que ocupaba anteriormente Salustiano Gómez, presidente da AV de Valón.

2- Nomear unha nova Comisión Permanente que estara formada por: CCOO, CIG, UGT, AV de Caranza, AV de Esteiro, Fuco Buxán, Colectivo Ártabra 21, AGAVIDA e AMICOR. Foron substituídas na Comisión Permanente, aínda que sigue formando parte da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, as entidades: ALCER , Grupo Diversidade Funcional e AV de Valón.

3-Tomouse o acordo de rexeitar tódolos recortes anunciados pola Xunta de Galicia , dirixidos moitos deles ós colectivos máis desfavorecidos: Parados de Longa Duración e Inmigrantes, o cobro de 10 euros pola renovación ou expedición da Tarxeta Sanitaria, o anuncio de cobro de recetas ós pensionistas, a eliminación das prestacións de prótesis, ortoprotesis, cadeiras de rodas etc, O cobro polo "uso indebido" das prestacións sanitarias que supón a implantación do repago sanitario.Rexeitar o Novo Decreto de Tranporte sanitario que vai permitir cobrarlle o servizo de transporte sanitario non urxente ós usuarios( transporte para recibir diálise, rehabilitación, quimioterapia, etc).

4-Rexeitar os novos recortes orzamentarios da Consellería de Sanidade e do Sergas que volven a diminuir, levan nos últimos tres anos recortando 300 millóns de euros, nos orzamentos do 2012, nos que só aumentan as partidas destinadas ós concertos con hospitais privados.

5-Denunciar a politica de recortes en persoal e contratacións que vai levar a amortizar antes do 2014 máis de 2000 empregos no Sergas, os que hai que sumar a falla de contratacións, de substitucións e de negacións sistemática dos dereitos de traballadores e traballadoras que fai que se resinta gravemente a calidade asistencial a pesar do esforzo suplementario de traballadores e traballadoras para que os usuarios non sexan ás vítimas da nefasta política do Sr Feijoo e a Sra. Farjas.

Ademais, convocouse  unha nova xuntanza da Comisión Permanente o mércores día 14 de decembro ás 18 h no local da AV de Esteiro para acordar un Plan de Traballo para o 2012 e un calendario inmediato de mobilizacións en Defensa da Sanidade Pública e contra os recortes sanitarios e a privatización de servizos.




0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988