Os representantes das Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública agrupadas na Plataforma SOS Sanidade Pública fixeron público hoxe no Parlamento de Galicia o seu rexeitamento aos recortes e privatizacións dos servizos sanitarios que está levando a cabo o goberno da Xunta de Galicia, algunha de cuxas medidas pretender pór en marcha a través dos Orzamentos da CCAA do ano 2012. Durante o debate dos mesmos houbo unha concentración ás portas do Parlamento e un acto de protesta no interior do propio Parlamento. Á mesma tamén acudíu a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.
0 comentarios:
Publicar un comentario