O Repago xa está aquí

DECRETO 209/2011, do 27 de outubro, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias.

Os prezos públicos fixados neste decreto serán considerados como tarifas de reembolso para os efectos da aplicación de instrumentos comunitarios en materia de reembolso de gastos de asistencia sanitaria transfronteiriza, mentres non se establezan tarifas de reembolso a nivel estatal.
Disposición adicional única.
De acordo co establecido nos números 4, 5, 10 e 11 do artigo 15 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, poderá establecerse un procedemento para repercutir nos usuarios os gastos ocasionados por estes como consecuencia do uso irresponsable das prestacións asistenciais do Sistema Público de Saúde de Galicia.
Disposición derrogatoria.
Queda derrogado o Decreto 160/2010, do 23 de setembro, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias.
Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento.
Facúltase a conselleira de Sanidade para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do establecido neste decreto.
Disposición derrogatoria segunda. Entrada en vigor.
Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, vinte e sete de outubro de dous mil once.
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
María Pilar Farjas Abadía
Conselleira de Sanidade



ANEXO I
Prezos de servizos sanitarios prestados a pacientes que non sexan beneficiarios da Seguridade Social, así como naqueles casos en que, sendo beneficiarios, exista un terceiro obrigado ao pagamento que deba asumir o gasto sanitario
I. Atención Primaria:
A. Consultas:
1. Consulta médica.
– Primeira consulta: 67,22 euros.
– Consultas sucesivas: 33,61 euros.
– Asistencia en urxencias: 249,36 euros.
2. Consulta médica con probas complementarias.
– Primeira consulta: 83,47 euros.
– Consultas sucesivas: 42,28 euros.
3. Consultas de enfermaría.
– Consultas de enfermaría: 14,10 euros.
4. Consulta médica e de coidados de enfermaría.
– Primeira consulta:
• Con probas: 99,74 euros.
• Sen probas: 80,24 euros.
– Consultas sucesivas:
• Con probas: 49,85 euros.
• Sen probas: 40,13 euros.
– Consultas de urxencias: 260,49 euros.
5. Consultas a domicilio.
– Consulta médica.
• Primeira consulta:
Con probas: 99,74 euros.
Sen probas: 80,25 euros.
Esta última tarifa (primeira consulta sen probas) tamén será aplicable nos supostos de asistencia sanitaria prestada polos facultativos do Servizo Galego de Saúde cando sexa requirida pola policía xudicial a súa presenza no lugar dos feitos (Lei 38/2002, do 24 de outubro).
• Consultas sucesivas:
Con probas: 49,85 euros.
Sen probas: 40,14 euros.
– Consultas enfermaría.
• Primeira consulta:
Con probas: 53,24 euros.
Sen probas: 39,99 euros.
• Consultas sucesivas:
Con probas: 26,62 euros.
Sen probas: 20,00 euros.
– Consulta médica con coidados de enfermaría.
• Primeira consulta:
Con probas: 120,36 euros.
Sen probas: 96,49 euros.
• Consultas sucesivas:
Con probas: 60,68 euros.
Sen probas: 47,71 euros.
6. Consultas en unidades de saúde bucodental.
– Consulta preventiva:
• Primeira consulta: 67,22 euros.
• Consultas sucesivas: 33,61 euros.
– Consulta hixienista dental: 39,15 euros.
7. Consultas en centros de orientación familiar.
– Consulta de xinecoloxía:
• Primeira consulta: 141,67 euros.
• Revisións: 47,22 euros.
– Consulta de psicoloxía:
• Primeira consulta: 67,22 euros.
• Consultas sucesivas: 33,61 euros.
– Clases de preparación pre e posparto: 330,25 euros.
B. Intervencións cirúrxicas ambulatorias:
1. En atención primaria: 123,58 euros.
2. En unidades de saúde bucodental: 99,74 euros.
3. En centro de orientación familiar: 99,74 euros.
C. Probas ambulatorias e outros tratamentos:
1. Radioloxía básica: 34,99 euros.
D. Tratamentos:
1. Para os servizos de fisioterapia e rehabilitación e calquera outro procedemento non recollido nos puntos anteriores, que se realicen en centros de Atención Primaria, aplicaranse as tarifas que para estes se establecen nos demais puntos do anexo I do decreto.
II. Atención Especializada:
A. Estadías:
1. Entenderase por día de estadía e cama ocupada, para efectos de facturación, cando o paciente se atope ingresado no hospital para a atención do proceso patolóxico na hora censual (as cero horas).
Cando o paciente ocupe unha cama das salas de hospitalización pero non produza estadía, é dicir, sexa dado de alta antes da hora censual, facturaráselle esa prestación pola metade do valor dunha estadía completa.
2. Na estadía están incluídas as prestacións de todos os servizos e gastos que orixinen, excepto as próteses cirúrxicas, marcapasos, calquera outro material implantado (incluídas mallas) así como aquel material de cirurxía laparoscópica dun só uso e todas aquelas que sexan establecidas pola Consellería de Sanidade como custo independente da estadía, recollidas na letra D, punto 3, deste decreto como servizos especiais, e na letra E, puntos 5 e 6, como probas especiais e procedementos especiais.
3. No suposto de estadías con permiso de fin de semana aplicaranse as mesmas tarifas dos puntos seguintes.
4. A tarifa por hospitalización en centros hospitalarios por día de estadía e cama ocupada será de 513,48 euros.
Se a estadía no hospital orixina a utilización de quirófano, na facturación da estadía hospitalaria engadiránselle os seguintes incrementos:
– 1.000 euros pola primeira utilización do quirófano.
– A partir da segunda e cada vez que se utilice o quirófano para o mesmo proceso que orixinou a estadía aplicaráselle un 40% de incremento (400 euros).
5. A estadía en UVI, UCI ou unidades asimiladas (unidades de atención especializada, servizos de reanimación, unidades de queimados, lesionados medulares ou calquera outra que teña establecida o centro hospitalario), facturarase por 1.109,06 euros.
6. Por estadía no hotel de pacientes: 109,51 euros.
7. Por estadía en unidades de psiquiatría de agudos: 227,67 euros.
8. Por internamento completo en unidades psiquiátricas de media e longa estadía: 101,91 euros.
9. Por estadías psiquiátricas causadas en réxime de hospital de día: 106,25 euros.
10. Hospitalización a domicilio.
Asistencia domiciliaria prestada a pacientes que necesiten técnicas terapéuticas de certa complexidade.
A tarifa por cada día de hospitalización a domicilio é de 78,34 euros.
11. Por sesión en hospital de día facturaranse 190,27 euros da asistencia e os fármacos administrados, a prezo de custo.
B. Urxencias.
Por urxencia hospitalaria non ingresada: 351,01 euros.
Comprenderá todas as actuacións que sexa necesario efectuar na atención da urxencia, incluídas todas as exploracións e actos médicos e/ou cirúrxicos realizados en urxencias, agás os recollidos na letra D, punto 3, deste decreto como servizos especiais, e na letra E, puntos 5 e 6, como probas especiais e procedementos especiais.
No caso de que a atención de urxencia derive nun ingreso hospitalario facturaríase unicamente a estadía.
C. Consultas: asistencia ambulatoria en centros sanitarios.
1. Por primeiras consultas ambulatorias: 169,97 euros.
Entenderase por primeira consulta ambulatoria aquela que inicia un proceso de consulta por ser un paciente novo para ese servizo o GNA (grupo normalizado de agregación), por suceder a unha consulta de alta ou ter pasado máis de 18 meses sen programación desde a última consulta nese servizo ou GNA.
2. Por revisións e sesións ambulatorias posthospitalarias: 56,66 euros.
Entenderase por revisión aquela consulta que sucede a outra consulta non de alta dese paciente, nese mesmo servizo ou GNA polo mesmo proceso asistencial.
Entenderase por sesión ambulatoria posthospitalaria aquela consulta ambulatoria programada que sucede a un ingreso dese paciente no mesmo servizo ou GNA ou a unha atención en urxencias polo mesmo proceso asistencial e polo mesmo GNA.
3. Servizos psiquiátricos extrahospitalarios no centro de especialidades:
• Primeira consulta: 141,67 euros.
• Revisións: 47,22 euros.
• Visitas domiciliarias: 102,50 euros.
4. Consulta de psicoloxía:
• Primeira consulta: 67,22 euros.
• Consultas sucesivas: 33,61 euros.
5. Servizos prestados en centros de orientación familiar.
• Consulta de xinecoloxía:
– Primeira consulta: 141,67 euros.
–Revisións: 47,22 euros.
• Consulta de psicoloxía:
– Primeira consulta: 67,22 euros.
– Consultas sucesivas: 33,61 euros.
• Clases de preparación ao parto: 330,25 euros.
6. Seguimentos e controis ambulatorios de tratamento: 26,45 euros.
(non incluídos nos puntos anteriores)
D. Intervencións cirúrxicas ambulatorias:
1. Cirurxía maior ambulatoria:
Proceso asistencial no cal se inclúe a realización dun procedemento dos recollidos neste punto, así como un máximo de tres consultas (primeira consulta e dúas revisións) e as probas diagnósticas necesarias para a realización do dito procedemento.
No suposto de que o paciente teña que ingresar, a facturación por estadía sería independente da que corresponda por proceso.
No caso de que o procedemento de cirurxía maior ambulatoria non estea incluído na relación que se establece a continuación, o centro hospitalario facturará o custo dun procedemento asimilable.
No caso de procesos bilaterais incrementarase a tarifa do proceso nun 40%.

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988