NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA ... por Lois Méndez

O deterioro progresivo na calidade asistencial na sanidade pública e notorio nesta área sanitaria e no conxunto de Galicia, os continuos recortes máis as privatizacións de moitos servizos feitos pola conselleria de Sanidade poñen en perigo o sistema sanitario galego coa xustificación da crise económica:
O partido popular aprobou recentemente unha proposición non de lei  para aprobar un modelo de xestión  para renovar a alta tecnoloxia dos centros hospitalarios, esta Lei supón un paso mais  na extensión da colaboración público-privada (PFI), neste caso aplicada a renovar os equipos de alta tecnoloxía como TAC, resonancias magnéticas, radiografías dixitais ou mamografías nos centros hospitalarios públicos, xa non serán os técnicos do Sergas os que definirán, mediante concurso, que aparellos necesitan os hospitais públicos, senón as propias empresas que participarán directamente na elaboración do contrato, establecerán as características dos aparellos que elas mesmas proporcionarán á Administración pública e que financiarán e xestionarán. 

Un paso máis na privatización do sistema sanitario galego, cuxos servizos tecnolóxicos quedarán en mans de empresas privadas, conxuntamente co servizo de compras, mantemento de centros sanitarios, central de chamadas, construción de hospitais e centros de saúde.

Conxuntamente cos estas privatizacións de servizos  a limitación da taxa de reposición de efectivos nun 10% no Sergas nos anos 2011 ata o ano 2014 reducirá o persoal en máis de 3.000 traballadores/as, dos datos que se recollen no Plan de Ordenación de Recursos Humanos do SERGAS, de aquí a 2013 xubilaranse 2330 traballadores/as: 712 do persoal Facultativo; 911 do Persoal Diplomado Sanitario e Persoal Sanitario de Formación Profesional e 707 de Xestión e Servizos. Se o Sergas só vai cubrir o 10% deses 2330, a reposición de persoal limitarase a 233 prazas. “O resultante será que en 2014 o Servizo Galego de Saúde reducirá o cadro de persoal en 2097 traballadores/as”. A estes datos, engadense as prazas vacantes non cubertas, as 1048 prazas amortizadas pola inaplicación do Plan Mellora e as 154 prazas non creadas do Plano Galego de Saúde Mental, que estaban, non só previstas, senón mesmo orzamentadas, Retornamos á situación en precario existente no ano 2006 na contratación do persoal ao prohibir tamén, a taxa de reposición, facer nomeamentos de interinidade, o que suporá que as coberturas  que se efectúen serán en condicións precarias, mediante contratos de día, ou a media xornada, reforzos de garda... a redución de persoal da sanidade pública galega provocará que a prestación do servizo sexa, en 2014, inviable.
Nesta área sanitaria están xa reducindo  persoal en diversos centros de saúde e hospital , prazas de enfermaría en Mugardos, Cariño, Ortigueira, Serantes , Caranza, Celadores, técnicos en coidados de enfermaría, matronas… etc. Estes recortes consolídanse na amortización e supresión de prazas no Sergas, na diminución drástica de cobertura por ausencia do persoal titular (xubilacións, falecementos, vacacións, baixas por enfermidade, días libres, etc.) e peches de servizos, conlevando unha acumulación de tarefas que fai inviable unha adecuada práctica asistencial, na atención hospitalaria como en atención primaria.

A construcción dos novos centros de saúde de Ares, A Capela, Cedeira, Narón sigue paralizada, sin data de licitación das obras e do seu incio, conlevando neses concellos unha imposibilidad de mellorar a prestación sanitaria, A dotación e mellora do Hospital Naval esta totalmente paralizada, non se acometen as obras necesarias para poder utilizar ese centro ao 100% da sua capacidade. 

A diminución dos concertos coas entidades colaboradoras do sistema público: Hospital Juan Cardona, Asfedro, Alcer, Ambulancias... ademais de supoñer unha degradación da prestación de servizos socio-sanitarios levará aparellado en moitas ocasións a redución da plantilla de traballadores/as de estas empresas.
Namentres moitos doentes desta Área Sanitaria son desviados para intervencións cirúrxicas a Área Sanitaria da Coruña, o número de camas por habitante na comarca de Ferrol vai descendendo a pasos de xigante e evidentemente isto fai que as listas de espera suban, porque as necesidades da poboación non desapareceron e deben ser atendidas. 

A Consellería de Sanidade pretende introducir no transporte de enfermos en ambulancia,  a eliminación do técnico-axudante nas ambulancias medicalizadas, a supresión do uso universalizado das ambulancias sanitarias. A eliminación da obrigatoriedade de pago por parte do Sergas destes servizos , o que supón o copago dos mesmos, conxuntamente coa supresión das ambulancias asistenciais do 061 en varias localidades de galicia… Este conxunto de decisións supoñen un paso máis na estratexia da Xunta de Galicia de desmantelamento dos servizos sanitarios , terá  graves consecuencias na asistencia sanitaria, a calidade da mesma e o dereito á asistencia universal e gratuíta dos cidadáns e cidadás de Galicia.

Lois Méndez é Portavoz SOS Sanidade Pública Ferrol e membro da executiva de CIG-Saúde

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Que cargo é ese de Portavoz de SOS Sanidade Pública Ferrol? Cando foi nomeado?

Anónimo dijo...

A Plataforma pola defensa da sanidade pública de Ferrol ten nomeado en asemblea como portavoces a Xose Miguel Lopez, pres. AA. VV. de Esteiro e a Salustiano Gomez, da AA. VV. de Valon.
A Iniciativa lexislativa popular en defensa e mellora da sanidade pública foi asinada en nome de Ferrol por Xosé Miguel Lopez e ademáis por Carlos Piñeiro (médico de familia no C.S. de Narón e pres. de AMICOR como entidade integrante da plataforma de Ferrol)
S.O.S. sanidade pública e a entidade que a nivel galego, coordina e integra a todalas plataformas pola defensa da sanidade das distintas localidades, máis sindicatos, partidos politicos e a ACOGAVE (A. galega de veciños). S.O.S. sanidade pública é quen convoca a mobilización do día 27 de outubro en distintas localidades de Galicia a desenvolver polas distintas plataformas (non os integrantes en todas as localidades teñen a mesma composición).
Polo que non se debe confundir a plataforma de Ferrol (de ambito da área sanitaria) con S.O.S (de ambito galego, que ademáis ds reindivicación das demandas locais tamen suma ás de nivel galego)
O de Portavoz de SOS den Ferrol, otorgoullo a periodista ou o xornal que públicou o artigo, pero parece loxico polas continuas roldas de Prensa ou entrevistas nos medios de comunicación (nomeado en asemblea da plataforma de Ferrol, para acudir a eses actos, por unanimidade)
S.O.S sanidade pública non ten estatutos e polo tanto tampuco ten cargos directivos, pero non che parece que o importante e sumar, e alguen ten que coordinar ás actividades...Difundir e espallar a mensaxe aos cidadans.
Estou de seguro Anonimo, que de ter interes en participar, traballar pola defensa da sanidade pública, tes aberta ás portas.
Lois esta a facer un traballo a prol da defensa da sanidade pública sin interes particular ou partidista, que ogalla estiverán a facer moita máis xente. pois todas e todas sairian beneficiados, quedemonos co importante que foi o seu artigo de concienciación a opinión pública.

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988