Nota de prensa da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Publica ante a decisión do goberno de recorrer ante o Tribunal Constitucional a posta en funcionamento do catálogo de fármacos en Galicia

A Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Publica ante a decisión do goberno de recorrer ante o Tribunal Constitucional a posta en funcionamento do catálogo de fármacos en Galicia, ten que sinalar:

1) O elevado gasto farmacéutico é o principal problema para a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e a súa rebaixa é polo tanto imprescindible e urxente, sobre todo nun momento de crise económica.

2) O catálogo de fármacos aprobado en Galicia recollía unha antiga reivindicación da FADSP: que o Sistema Sanitario Público só financiase o medicamento que con igual principio activo sexa o mais barato do mercado, porque sen alterar a calidade da prescrición favorece o control do gasto-

3) É evidente, polo tanto, que é o Ministerio de Sanidade o que ten a competencia exclusiva sobre a prestación farmacéutica e que polo tanto é mais que probable que o recurso do goberno sexa formalmente razoable.

4) Tamén que unha medida deste tipo debería de terse xestionado no seo do Consello Interterritorial e terse aplicado para o conxunto do SNS.

5) Resulta tamén sorprendente que sexa un goberno do PP, partido que se caracteriza polos seus alharacas e declaracións sobre a "ruptura" da unidade de España e sobre a necesidade de restrinxir as competencias das CCAA, os que, á primeira ocasión fan exactamente todo o contrario do que predican.

6) Doutra banda convén recordar que en Galicia o goberno do PP esta embarcado en varios proxectos de construción de hospitais polo modelo PFI(público-privado) que teñen un sobrecusto de 5-6 veces e que levan á Comunidade Autónoma a unha situación económica dificilmente sostible

Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública

6 de Febreiro de 2011

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988