Comunicado da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

Segundo os datos facilitados polo Servizo Galego de Saúde o pasado venres se confirma o que desde a Pdspf vimos denunciando.

Segue a ser Traumatoloxía, o que rexistran unha maior pacientes en lista de espera para cirurxía sen que desde a Xerencia se teña tomado ningún tipo de medida.

Se en xeral se diminúe a espera cirúrxica é grazas á incorporación do Hospital Naval con maior número de quirófanos e de persoal en funcionamento, o que fai diminuír as listas de espera. Se transmiten datos enganosos como no caso de Oftalmoloxía que é a que ten un tempo de espera en cirurxía máis baixo, pero é o que ten maior espera en consultas, polo que os doentes agardan máis tempo para chegar a un proceso cirúrxico se fose o caso. Ten 12 días de espera máis que a media.

En consultas de Traumatoloxía hai 83 días de lista de espera, 18 máis que a media, segundo datos oficiais do Sergas.

Esta Plataforma temos constancia, por reclamacións formuladas por doentes, de tempos de espera en Traumatoloxía de entre 180 e 210 días. Hai que ter en conta que a espera en Rehabilitación e de 90 día, segundo datos oficiais, ó que temos que sumar probas diagnósticas entre a consulta e a cirurxía e posteriormente, en moitos casos, rehabilitación polo que unha persoa que é remitida polo médico de familia a Traumatoloxía, botará máis de dous anos en completar o ciclo.

Tamén hai que ter en conta que hai especialidades, cirurxía cardíaca, cirurxía vascular, neurocirurxía, estudos hemodinámicos, cirurxía plástica, etc, onde hai que derivar ós doentes a outros centros de referencia como ó CHUAC co que as esperas son aínda moito maiores.

Se pretende enganar á cidadanía falando de diminución de listas de espera en consultas, sen dicir que moitas desas listas de espera están pechadas polo que non se inclúen centos de doentes nelas. Séguese a facer unha utilización política das listas de espera.

Tampouco se fala das listas de espera en probas funcionais. Canto tempo ten que agardar un doentes por unha resonancia magnética ? E por unha mamografía?.

Demandamos a aplicación da Lei de Incompatibilidades que impide que persoal do Sergas traballe en Centros Privados Concertados atendendo a doentes do Sergas .

Facemos un chamamento ó conxunto de usuarios e usuarias a que sigan a presentar reclamacións ás listas de espera, tanto no Rexistro Xeral do Hospital como a través do Servizo de Atención ó Doente.

Por último queremos DENUNCIAR a intención da Xerencia do Complexo de, nos vindeiros días, reducir o número de camas de Medicina Interna no Hospital Naval. Neste momento o Complexo está ateigado de doentes de Medicina Interna, que están diseminados por diferentes servizos do Hospital, e reducir camas no Hospital Naval o que vai a facer que se incremente a derivación de doentes a Centros Privados Concertados, especialmente os de maior idade e maior estancia hospitalaria, que é a política pola que aposta a actual Xunta de Galicia.
 
24 de xaneiro de 2011.


Noticia na prensa:

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988