Texto lido polo portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol na manifestación de S.O.S. Sanidade Pública do 21 de novembro en Santiago

SOS Sanidade Pública.

Compostela, Domingo 21/11/2010.

Un saúdo das cincuenta entidades que forman a Plataforma de Ferrol. Un saúdo ós galegos e galegas que estades aquí para parar esa nova marea de chapapote que non so afecta as nosas costas senón a todo Galicia : A privatización da Sanidade Pública.

En Ferrol queremos que aparezan os 63 millóns de euros que estaban comprometidos para amañar o antigo Hospital Naval e que, con esta Xunta están desaparecidos.

En Ferrol temos milleiros de enfermos por culpa do amianto e queremos que se constrúa un Centro de Referencia das Enfermidades Profesionais.

En Ferrol queremos que se faga a Unidade de Diálise de Crónicos que estaba comprometida e non se sigan a enviar á Sanidade Privada.

Privatización da Sanidade Pública: NUNCA MÁIS, NUNCA MÁIS,NUNCA MÁIS.

Moitas grazas.

Xosé Miguel López, portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988