Actividades de SOS Sanidade Pública e da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol para esta semana

O luns dia 15 ás 12:30 horas haberá unha rolda de prensa no Concello de Ferrol cos alcaldes dos dez concellos da Área Sanitaria de Ferrol e que apoian a manifestación do día 21 en Compostela.

O Martes 16, ás 18 horas na Asociación Veciñal de Esteiro haberá un pleno da Plataforma en Defensa da Saninade Pública de Ferrol,.

O mesmo martes 16, ás 19:30 horas, no Vicerrectorado da Universidade en Esteiro, haberá unha charla informativa titulada "Sanidade Pública: Privatización e copago!!" que contará coa presenza de Carlos Piñeiro, médico de familia e presidente de AMICOR, e con Lois Méndez de CIG Saúde. Presentará o acto, Xosé Miguel López, portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.

O mércores 17,  todavía pendente de confirmación, haberá un novo acto de presentación de SOS Sanidade Pública en Ferrol. Daremos información na páxina en breves.

O xoves 18 ás 17 horas, no salón de plenos do Concello de Fene, haberá un acto de presentación de SOS Sanidade Pública con todas as entidades culturais, deportivas, sociais… do concello de Fene.

Ademais, durante toda a semana, a Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol, integrante da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, colocará unha mesa informativa no hall de entrada ao Hospital Arquitecto Marcide, onde a cidadanía poderá informarse sobre SOS Sanidade Pública, o proceso de privatización da sanidade, e tamén, poderá asinar o manifesto fundacional de SOS Sanidade Pública. Na propia mesa informativa, e quen así o solicite, poderá reservar praza nun dos autobuses para ir a manifestación o vindeiro domingo en Santiago.

AGARDAMOS A VOSA PRESENZA

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988