Comunicado da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol sobor das listas de espera

Segundo os últimos datos oficiais feito públicos polo Servizo Galego de Saúde o pasado venres se confirma o que desde esta Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol viñamos denunciando:

Traumatoloxía pasa de 3281 pacientes en lista de espera no ano 2009 a 4097 pacientes no 2010. Ademais os días de espera no 2009 eran de 74 días e no 2010 é de 88 días co que a espera en Traumatoloxía se incrementa en 14 días. Tamén a que ten máis doentes en lista cirúrxica

Temos que engadirlle a que a lista de espera en consultas para Traumatoloxía está entre os 180 e os 210 días, nalgúns casos máis, como consta en diferentes reclamación formuladas por pacientes da Área Sanitaria tanto no Servizo de Atención ó Doente como a través do Rexistro do Complexo Hospitalario e non os 88 que di o Sergas.

A todo esto temos que engadirlle que a lista de espera de Rehabilitación está en 95 días.

Canto tempo precisa un doente desde que desde o seu médico de familia se lle remite á Consulta de Traumatoloxía ata que remata un proceso cirúrxico coa posterior rehabilitación?

Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol reclamamos da Administración que se abra unha investigación sobre a nosa denuncia sobre as listas de espera en Traumatoloxía. É preciso que se aplique a Lei de Incompatibilidades que impide que persoal do Sergas traballe en Centro Privados Concertados atendendo a doentes do Sergas. Que se indague a posible relación entre as listas de espera e o incremento de derivacións a centros privados concertados e a centros privados, nesa especialidade e tamén noutras.

Pensamos que os Grupos Parlamentarios deberían de interpelar á Xunta de Galicia e á Conselleira de Sanidade sobre o que está a acontecer en Ferrol coas listas de espera de Traumatoloxía e nos diriximos a eles para facerlles chegar a nosa denuncia.

Tamén consideramos inadecuadas as listas de espera en Oftalmoloxía e Uroloxía. Hai que ter en conta que o Complexo Hospitalario conta cun maior número de quirófanos e de persoal por mor da incorporación do Hospital Naval ó Servizo Galego de Saúde o que fai que as listas de espera que se presentan non sexan aceptables.

Facemos un chamamento ó conxunto de usuarios e usuarias a que sigan presentando reclamacións ás listas de espera, tanto a través do Servizo de Atención ó Doente como a través do Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario.

Ferrol a 27 de Outubro de 2010.

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988