Comunicado da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol sobor das declaracións do Presidente da Xutna

Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol queremos saír ó paso das declaracións do Presidente da Xunta formuladas o mércores 6 de outubro con motivo da inauguración dun centro de saúde no concello lucense de Carballedo. Nesas declaracións o Sr Núñez Feijoo afirma que "...a Xunta está a facer un esforzo sen precedentes para reformar os hospitais de Ferrol", estar declaracións son absolutamente falsas e non son máis que demagoxia política.

A actual Xunta de Galicia ven de reducir en 36 millóns de euros os orzamentos da Consellería de Sanidade e do Sergas.

 No que se refire á Área de Ferrol:
  • Paralizou o Plan de mellora da Atención Primaria que ía permitir unha mellora importante e unha reducción das listas de espera, facendo unha AP máis resolutiva. Case 30 prazas de médicos, pediatras, enfermeiras, fisioterapeuras,etc que xa estaban presupostadas desaparecen .
  • Non se aplica a Lei de incompatibilidades, polo que profesionais que pertencen ó Sergas actúan de maneira irregular en Centros Privados Concertados atendenda a doentes do Sergas o que é irregular e ilegal e debe ser perseguido pola Xunta de Galicia.
  • Non se están a executar proxectos comprometidos polo anterior equipo directivo da Área Sanitaria como é a Unidade de Diálise de Agudos, e se segue derivando a estes doentes ó Juan Cardona.
  • Estaba previsto investir 63 millóns de euros en tres anos para poñer en valor, logo da súa transferencia, ó Hospital Naval e eses cartos desapareceron por arte de maxia. Ese é o compromiso da Xunta de Galicia cos hospitais de Ferrol?.
  • Non se contempla o investimento dun so euro no Plano de Alta Tecnoloxía para a Área Sanitaria de Ferrol.
  • So se dedica ó Plan Director do Complexo Hospitalario a ridícula cantidade de 100.000 euros.
  • Non se dan acometido as obras de reforma do Centro de Saúde de Serantes, despois de estar comprometidas.
  • Non se contempla a creación de novos servizos que permitan desenvolver as especialidades: Cardioloxía, Nefroloxía, etc.
  • Seguen faltando prazas de Pediatría na Área Sanitaria.
  • Se pretende construir os centros de saúde de A Capela, Ares, Cedeira e Narón con financiación privada duplicando o seu custo e privatizando servizos.
  • Segue habendo listas de espera alarmantes especialmente en traumatoloxía, uroloxía e neuroloxía como así o atestiguan centos de reclamación presentadas a través da oficina de Atención ó doente e do Rexistro Xeral do Complexo, das que a PdspF somos coñecedores.
En definitiva, non existe compromiso ningún da Xunta de Galicia coa Sanidade Pública en Xeral e coa Área Sanitaria de Ferrol en particular o que queremos denunciar publicamente desde esta PdspF e imos continuar mobilizándonos pola defensa e mellora da Sanidade Pública, na que creemos e á que imos seguir defendendo.

Ferrol a 8 de outubro de 2010.

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988