Nota de prensa da Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol

No día de hoxe celebramos unha nova concentración na entrada do Hospital Arquitecto Marcide, continuando coas reivindicacións da Xunta de Persoal para esta área sanitaria.

Hoxe quixemos facer fincapé nas penosas condicións de traballo que está a padecer o persoal da Lavandería deste hospital. O informe de Saúde Laboral ven de confirmar o que xa era un clamor(as condicións de temperatura e ruido están por riba dos parámetros marcados pola Lei) a pesar de que por fin temos un informe que avala as denuncias feitas polo persoal e os seus representantes, a Dirección de Área nada ten feiro por mitigar as mesmas.

Teremos que agardar a que algunha compañeira/o sofra un accidente mortal para que a Dirección tome medidas?

A lavandería foi o primeiro servizo da área en obter o certificado ISO de calidade(con todo o merecemento); e todo o persoal e usuarias/os notamos a calidade no seu traballo diariamente, cando poñemos a uniformidade ou ingresamos, e moito máis o notamos cando temos que acudir a outros hospitais onde este servizo está privatizado e non dispoñemos da cantidade e calidade da uniformidade e servizo de habitación.

Por elo, queremos suliñar o esforzo deste persoal que a pesar das condicións infrahumanas que diariamente padecen e que se agravan no período estival, consiguen ofrecer un servizo eficaz e de calidade.

Continuaremos coas concentracións os xoves reinvindicando os nosos dereitos, e tratando de denunciar cada semana un servizo ou unidade onde as condicións de traballo son máis penosas ou lesionan os dereitos do persoal.

Ferrol a 8 de xullo de 2010.

!PAREMOS ESTAS AGRESIÓNS!

NON Á PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE

A SANIDADE NON É UN NEGOCIO

Asdo: María Mercedes Díaz López. Presidenta da Xunta de Persoal.

Descargar nota de prensa

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988