PECHE DOS SERVIZOS DE RADIOLOXÍA DOS HOSPITAIS COMARCAIS

NOTA DA ASOCIACION GALEGA PARA A DEFENSA DÁ SANIDADE PÚBLICA SOBRE O PECHE DOS SERVIZOS DE RADIOLOXÍA DOS HOSPITAIS COMARCAIS


A Consellería de Sanidade pretende crear tres mancomunidades radiológicas: Monforte-O Barco-Verín; Vilagarcía-Ribeira-Cee e Burela-Fererol pechando os servizos de radioloxía pola tarde e concentrando as gardas de radioloxía nun só hospital, o que supón deixar sen urxencias radiológicos a estes centros. A ausencia de radiólogo implica que os estudos ecográficos sexan enviados ao hospital de referencia: do Salnés a Pontevedra, de Valdeorras a Ourense, de Burela a Lugo, de Ferrol e Cee a Coruña, etc.



Esta medida terá importantes consecuencias para a calidade e a seguridade dos pacientes e para os hospitais públicos:



1.- Deixa sen especialistas de radioloxía aos servizos de urxencias, o que deteriorará a calidade e a seguridade da asistencia de urxencias nestes centros, que precisa do contacto estreito destes cos clínicos



2.- A ausencia de radiólogo fará imposible realizar ecografías que é unha proba moi necesaria na atención de urxente e que terá importantes consecuencias



- Reducirá a utilización un recurso esencial na atención de urxencias



- Obrigará a trasladar a pacientes graves a outros hospitais separados por quilómetros de distancia, o que ademais de molestias porá en risco aos pacientes, incrementará o gasto en traslados en ambulancias (servizo que está privatizado) e ocupará as mesmas, limitando así a súa dispoñibilidade para traslados urxentes



- A administración pretende substituír estas probas (que non supón ningunha radiación), por TAC que ademais de moito máis custosos, radian considerablemente e sen necesidade ao paciente, e que se inclúen contraste incrementan o risco de posibilidade de efectos adversos.



3.- Pechar os servizos de radioloxía destes hospitais polas tardes supón un primeiro paso na estratexia de privatizalos, como ocorreu nas Comunidades de Madrid, Valencia ou A Rioxa, onde goberna o Partido Popular, nas que os novos hospitais carecen de radiólogos e o seu activade está sendo substituída, en moitos casos, por servizos privados externos

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988