Novo recorte no gasto sanitario en Galicia

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública ante o anuncio da Xunta de Galicia de reducir en 54 millóns de euros o gasto sanitario de Galicia quere trasladar á opinión pública e aos profesionais que:
1.- Este recorte do gasto supón agudizar a insuficiencia financeira da sanidade pública galega xa afectada de xeito importante pola redución de 23 millóns introducida no orzamento sanitario deste ano. Entre as consecuencias da mesma está a paralización da actividade dos hospitais pola tarde (asociado a un importante crecemento das listas de espera); o abandono do Plan de Mellora de Atención Primaria que pretendía mellorar a capacidade resolutiva e a calidade asistencial o nivel primario incrementando os recursos e eliminando as limitacións no acceso as probas diagnósticas; a renuncia a novos recursos para atender a pacientes crónicos ou discapacitados; e a redución de persoais e o despedimento de máis de cen especialistas de hospitalarios que volveron a emigrar ao estranxeiro ou a outras comunidades autónomas en busca de oportunidades de traballo.
2.- Mentres se introduce estes recortes no gasto público poténciase o desvío de fondos ao sector privado incremento os concertos para atender aos pacientes afectados pola redución de actividade dos centros públicos. O que os altos directivos do SERGAS desempeñen ata hai pouco cargos de responsabilidade en grupos empresariais privados non parece alleo a esta situación.
3.- Resulta contraditorio e paradoxal que esta noticia vaia acompañada dunha declaración de Presidente da Xunta de Galicia de que manterá os plans de financiar os novos hospitais de Vigo ou Pontevedra recorrendo ao sector privado o que multiplicará o custo dos centros a pagar con cargo a un custo corrente moi afectado pola política de redución do gasto sanitario.
Esta política demostra a falta de sensibilidade social e a aposta do goberno de Núñez Feijoo por deteriorar o sistema sanitario púbico e por facelo insostible economicamente como paso previo á súa privatización.

Manuel Martin Garcia
Portavoz AGDSP

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988