Aprobada a moción en contra da privatización da Sanidade no Concello de Mugardos

A moción presentada polo Grupo Socialista do Concello de Mugardos en contra da privatización da sanidade e fomentada desde a Plataforma saíu adiante despois dun longo debate onde se expuxeron as posicións de cada cal e onde defendemos a sanidade pública como sistema identitario dunha sociedade xusta e igualitaria onde a sanidade é un dereito e un ben de todos que para ser realmente eficiente e cumprir con eses preceptos debe de ser potenciada, investindo o necesario, para que cada día avance ao ritmo das novas esixencias que tanto se expón desde as novas necesidades sanitarias como desde a perspectiva social e cidadá.


Logo de expor as nefastas consecuencias que está xerando para a sanidade pública as medidas adoptadas polo goberno actual da Xunta e de escoitar a defensa que destas medidas fixo o portavoz do PP, Juan Domingo Deus, procedeuse a votar a moción que resultou aprobada por maioría pero cos votos en contra dos concelleiros do grupo Popular.

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988