Plenos nos concellos en contra da privatización da sanidade pública

Segundo o acordo a Comisión Permanente da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol,vaise presentar nos vinte concellos da Área Sanitaria e a través dos partidos que forman parte da Plataforma( BNG, EU-IU, PSdeG-PSOE e Terra Galega) unha moción ós Plenos deses Concellos para que se pronuncien en contra da privatización da Sanidade Pública e en apoio da Manifestación Comarcal do Domingo 11 de abril ás 12 do mediodía.

O xoves día 25 de marzo se debatirá esa moción nos Concellos de Ares e Ferrol. No Concello de Ferrol, segundo o Regulamento de Participación Cidadá, intervirá no nome da Plataforma un dos seus portavoces, Xosé Miguel López. Este pleno se celebra o xoves 25 de marzo ás 19 horas

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988