NOTA DE PRENSA PLATAFORMA GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

Onte día 18 de Marzo celebrouse nunha reunión de diferentes Plataformas para Defensa da Sanidade Pública no Salón de Actos do Hospital Xeral de Vigo convocados pola Xunta de Persoal do Centro e pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo. A devandita reunión acudiron as Plataformas do Barco de Valdeoorras, Monforte, Salnés, Ferrol, Pontevedra e Vigo, que están promovendo mobilizacións en contra da deterioración e privattiazación do sistema sanitario público galego polo actual goberno da Xunta de Galicia e na que tamén estiveron presentes representantes dirixentes das organizacións sindicais, veciñais, políticas e profesionais que as integran.
As Plataformas acordaron por unanimidade:
1.- Agradecer á Xerente do SERGAS Asperxeu Mosquera que por fin manifeste con claridade a intención da Consellería de Sanidade por privatizar a xestión dos servizos sanitarios en Galicia (relaizada na Universidade de Santiago) , seguindo os pasos doutras Comunidades Autónomas. Ata agora a administración sanitaria negara esta medida, a pesar das denuncias reiteradas de todas as Plataformas.
2.- Constituír unha Comisión Permanente da Plataformas para coordinar o proceso de mobilización social e profesional para frear a deterioración e a privatización da sanidade pública en Galicia (privatización da construción e xestión dos novos hospitais e centros de saúde, paralización da apertura novos centros públicos, recortes de recursos e persoais, eliminación das áreas sanitarias ou apoio ao sector privado en detrimento do público), e promover medidas para mellorar a calidade e a equidad da mesma en todas as áreas da Comunidade Autónoma. Neste sentido acordouse esixir a derrogación da Lei 15/1997 que abriu a posibilidade de privatizar os centros públicos en todas as CCAA.
3.- Mostrar o apoio á Manifestación promovida pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública e a Xunta de Persoal de Vigo o día 25 de marzo e facer un chamamento para acudir á mesma a todos os cidadáns e organizacións sociais. A gran mobilización de Vigo ten que ser o inicio dunha gran mobilización en toda Galicia en contra da privatización da sanidade Pública impulsada polo actual goberno.


En Vigo a 19 de Marzo de 2010

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988