Programa da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol

Programa da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol:

1. Demandar da Xunta de Galicia a adecuación dos orzamentos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde ás necesidades reais de contratación de persoal e dimensionamento de cadros de persoal, cubrindo en todo momento o 100% das ausencias por enfermidade, permisos, vacacións, etc., que eviten a actual mingua da calidade asistencial.

2. Promover a plena utilización de todos os recursos sanitarios públicos da Área de Ferrolterra, dunha maneira coordinada e integrada.

3. Revisar os concertos establecidos cos Hospitais Privados, Hospitais Concertados, e Clínicas Privadas, eliminando aqueles que non sexan necesarios.

4. Mellorar a xestión do gasto farmacéutico, non reducir en caso ningún a dispensa dos medicamentos necesarios, pero si exercer un mellor control e apostar, sempre que sexa posible, pola subministración de xenéricos

5. Manter o Plan de Mellora da atención Primaria, garantindo a adecuación dos tempos de consulta médica, e a extensión de programas e plans de coidados de Enfermería.

6. Redución drástica das Listas de Espera en Consultas de atención Especializada, Probas diagnósticas, Cirurxía e procedementos terapéuticos. Control das Listas de Espera no futuro.

7. Creación de novas consultas en Atención Especializada, e servizos que non existen actualmente.

8. Creación dun Centro de Referencia das Enfermidades Profesionais nesta Área Sanitaria.

9. Paliar a escaseza de recursos Sociosanitarios na Comarca, actualmente moi insuficientes, dada as características, da idade da poboación, da nosa Comarca, Integrando o Hospital Xeral Juan Cardona na rede Pública.

10. Mantemento dos compromisos económicos mantidos con esta Área Sanitaria para desenvolver o Plan Director do Complexo Hospitalario.

11. Compromiso de investimento no ano 2010 na Área Sanitaria dentro do Plano de investimentos en Alta Tecnoloxía.

12. Creación dun sistema de alerta sanitaria directamente relacionado coa Atención Primaria e tamén da Especializada, para que o gasto asistencial derivado da asistencia a enfermidades profesionais sexa custeado polas Mutuas e non cargado á Sanidade Pública.

13. Garantir a prestación do servizo, nos supostos contemplados pola Lei de Aborto, ás mulleres que o precisen, no Complexo Hospitalario de Ferrol, sen necesidade de que se teñan que desprazar a outros Complexos por mor da obxección de conciencia de tódolos profesionais de Ferrol da materia en cuestión.
O presente programa está aberto a novas aportacións. O email para enviar ditas aportacións é plataformadspferrol@gmail.com

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988