Continúan incrementándose os concertos cos Hospitais Privados e o despilfarro coa Gripe A

Continúan incrementándose os concertos cos Hospitais Privados e o despilfarro coa Gripe A. Mentres tanto a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde terán no 2010 : 38 millóns de euros menos.


REFERENCIA DO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA
QUE TIVO LUGAR NO PAZO DE RAXOI
O DÍA 11 DE DECEMBRO DE 2009,
BAIXO A PRESIDENCIA DO
SR. D. ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO

CONSELLERÍA DE SANIDADE:

􀂃 Acordo polo que se autoriza a subscrición da cláusula adicional 41ª, que substitúe á 38ª, ao concerto de data 29 de decembro de 2000 establecido entre o Servizo Galego de Saúde e o Hospital Povisa, S.A., pola que se fixan as tarifas da actividade asistencial para o Servizo Galego de Saúde, se establece o importe máximo anual, se fixan as tarifas da actividade realizada polo...
 Hospital Povisa aos hospitais do Servizo Galego de Saúde, e se establecen os obxectivos de calidade asistencial no período que vai do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2009, cun importe total de setenta e un millóns cincocentos vinte mil cincuenta euros (71.520.050, 00 €).

􀂃 Acordo polo que se autoriza a subscrición da cláusula adicional 42ª que substitúe á 39ª do concerto singular de data 29 de decembro de 2000 entre o Servizo Galego de Saúde e o Hospital Povisa, S.A. pola que se establecen as condicións de facturación dos programas especiais farmacoterapéuticos para o ano 2009, por un importe total de un millón douscentos dezaseis mil setecentos vinte e sete euros (1.216.727, 00 €)


􀂃 Acordo polo que se autoriza a sinatura da 4ª addenda ao contrato-programa
asinado o 29 de decembro de 2006 entre o Servizo Galego de Saúde e a

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pola que se amplía o importe máximo establecido para o ano 2009, para a posta en funcionamento do Plan de continxencias ante a gripe A, por un importe total de catro millóns trescentos oitenta e un mil euros (4.381.000,00 euros)

0 comentarios:

Publicar un comentario


CONTA BANCARIA: BANCO PASTOR 0072 0272 87 0000140988